Actividades 65+

Back Novos Obradoiros de Alfabetización Dixital, setembro - decembro 2025, (65+)

Organizaranse 3 obradoiros, desde agora a finais de ano. Cada un deles terá unha duración de 12 sesións, e cada sesión será de 2 horas.

O prazo de inscrición para calquera dos 3 obradoiros, comenzará o próximo luns día 1 de setembro e rematará o xoves 4, tamén do mes de setembro. As persoas interesadas en participar deberán chamar ao teléfono de atención veciñal 981 610 000 en horario de 16.00 h a 18.00 h. Esta actividade terá un custo de 10 euros por persoa.

OBRADOIROS

  • Nivel avanzado.  

  1. Casa Echeverry, Perillo,  ( localización Casa Echeverry - Concello de Oleiros - oleiros.org ),  Martes Mércores e Xoves desde o día 9 de setembro hasta o día 2 de outubro, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 10:00H A 12:00H 
  2. Casa do Pobo de Montrove, (  Casa do Pobo de Montrove - Concello de Oleiros - oleiros.org ) Martes Mércores e Xoves desde o día 4 de novembro hasta o día 27 tamén de novembro, ámbolos dous inclusive. O horarío será de 10:00H A 12:00H 
  • Nivel Medio

  1. Local Social Asociación VeciñaL San Cosme, ( https://maps.app.goo.gl/BhpN7HJKb52AoBRe8 ) luns, Martes e Xoves desde o día 6 de outubro hasta o 30 tamén de outubro, ámbolos dous inclusive. O horario será de 10:30H a 11:30H.