Asset Publisher

Back XV Mostra Folclórica de Mera

Oleiros, 24 de agosto de 2012-. Mañá sábado, ás 20:30 horas, celebrarase a XV Mostra Folclórica de Mera no auditorio “Gabriel García Márquez”, sito na mesma localidade.

Organiza a “Agrupación Cultural A Marola”, que será un dos participantes xunto co grupo convidado “Otea Nui”, da illa de Pascua, que traerán as súas danzas ao escenario do auditorio.

O nome “Otea Nui” significa, en lingua rapa nui, gran amencer. O grupo componse de 22 músicos en escea cunha ampla experiencia en bailes polínésicos. Adornados con vestimentas de plumas e fibras naturais “Otea Nui” ofrece un espectáculo único mesturando Hoko (expresión para os bailes e cantos de Mana(poder), a enerxía e carisma do guerreiro) e os Takona (expresión que se lle dá á pintura corporal que dá sentido de pertenza a un clan, da historia contada) e os Riu (cancións tradicionais de Rapa Nui baseadas nas emocións como o amor, a felicidade e a tristeza) que foron interpretadas e transmitidas de xeración en xeración ata os nosos días.


A Agrupación Cultural A MAROLA nace nos primeiros meses do ano 1.981, en MERA. A Agrupación esta formada por corenta mozos de ambos os dous sexos en idades comprendidas entre cinco e trinta e cinco anos, que forman o viveiro para o Grupo Sénior; Xotas, Muiñeiras, Fandangos, Pandeiradas, Maneos entre outras moitas son bailadas nas actuacións, que poden durar ata noventa minutos, debido ao extenso repertorio do Grupo, contando tamén coa Banda de Gaitas "Fontornela", e do grupo de "Cantareiras de Mera".


Se o tempo o permite, os dous grupos participantes realizarán un desfile a partir das 19:30 horas dende o parque da lagoa de Mera ata o auditorio, dando así comezo a esta XV Mostra Folclórica de Mera.


 

back link