Oleiros, 16 de setembro de 2014-. A Concellalía de Deportes deu onte por aberto o prazo de inscrición para anotarse nas actividades acuáticas escolares, o cal rematará este venres, 19 de setembro.
Os formularios xa se levan repartindo desde o 11 de setembro nos centros de ensino e máis están á disposición de nais e país en calquera das catro piscinas.
As inscricións serán do 15 ao 19 de setembro de 2014. Poderanse realizar na mesma piscina que lle corresponda segundo a actividade, os cursillistas da Fábrica deberán inscribirse na piscina de Perillo.
Dado que as prazas son limitadas, se fose preciso, éstas distribuiranse segundo o resultado dun sorteo público o día 22 de setembro, ás 14:00 horas, no auditorio do centro cultural da Fábrica.
Non obstante, en caso necesario, abriríanse novos grupos para intentar dar acollida a toda a demanda escolar, sempre que fose posible.
Os prezos son de 9,48 euros mes para educación infantil e 7,12 euros mes para educación primaria.
Ás familias numerosas aplicaránselle os correspondentes descontos.
O programa municipal de actividade acuática escolar terá lugar nas piscinas municipais da Fábrica, Oleiros e Dorneda desde o 1 de outubro de 2014 ao 12 de Xuño de 2015. A actividade terá carácter anual, realizando unha sesión semanal durante todo o curso académico e coincidindo co propio calendario escolar do centro.
O fin de dito programa é contribuir ao desenvolvemento integral do neno como complemento da motricidade básica, conseguindo deste xeito un dominio corporal e postural.