Hemeroteca

Asset Publisher

Back Volven atacar o tileiro de Santa Cristina

Oleiros, 10 de maio de 2017-. Un veciño envelenou novamente o tileiro de máis de 70 anos que se atopa na entrada de Santa Cristina, na zona verde situada entre a rotonda do dolmen e a rúa do Inglés. O delincuente ecolóxico destapou as vendas que os operarios municipais lle colocaron á árbore para curala e volveu introducir veleno.

Este tipo de delincuentes, que atentan contra o patrimonio público e o medio ambiente, deben ser localizados e sancionados. Por iso desde o Concello de Oleiros solicítase a colaboración veciñal para dar co individuo que tenta secar esta árbore.
 

back link