Hemeroteca

Asset Publisher

Back Volve Móvete+, o programa de actividade física dirixido a mulleres en procesos oncolóxicos

O Concello pon en marcha unha nova edición de Móvete+, un programa de actividade física adaptada dirixido a mulleres empadroadas no municipio que están atravesando ou atravesaran un proceso oncolóxico. Nesta nova edición, a actividade amplía a súa programación a dous días á semana, martes e venres, do 15 de setembro ao 15 de decembro.

Móvete+ busca mellorar a calidade de vida das participantes mediante exercicio físico adaptado ás súas necesidades, contribuíndo a reducir algúns dos efectos asociados aos tratamentos, como a fatiga ou os trastornos do sono, e favorecendo o benestar emocional, a autoestima e as relacións sociais. O programa constitúe tamén un espazo de encontro e apoio entre as participantes.

As sesións terán lugar de 11 a 12:30 horas na Casa da República e na Pista de Meixonfrío. A actividade é completamente gratuíta e para incorporarse será necesario presentar un informe médico que permita adaptar as actividades ás características de cada participante.

As inscricións realizaranse a través da páxina web municipal: www.oleiros.org 

back link