Hemeroteca

Asset Publisher

Back VIII Festival Rockanroleiros, 4 e 5 de outubro en Santa Cruz

O sábado 4 e o domingo 5 de outubro terá lugar o VIII Festival Rockanroleiros na Praza Esther Pita.
 


Os días 4 e 5 de outubro celebrarase na Praza de Esther Pita, en Santa Cruz, o VIII Festival Rockaroleiros, organizado polo Concello de Oleiros e a Asociación Músicoleiros.

A programación do sábado 4 de outubro comezará ás 20:00 horas coa actuación do grupo J.TEIXI BAND. A partir das 22:00 horas será a quenda de BURNING, a mítica banda de rock dos 70 e 80; para finalizar a noite co concerto de LUBACK, a partir das 00.00 horas.

O domingo 5 será o día das bandas locais, que terán o seu espazo na sesión vermú que se celebrará entre as 13:00 e as 15:00 horas. Pola tarde continuarase o festival de 16:00 a 20:00 horas con máis actuacións. Ademais, durante a xornada do domingo, intalaranse na praza Esther Pita diferentes postos de merchandising.

A entrada é de balde.

back link