Oleiros, 11 de outubro de 2021-. A vindeira fin de semana a polideportiva de Meixonfrío, en Santa Cruz, acolle a cuarta edición do Festival Rockanroleiros. Os concertos celebraranse o venres partir das 20:00 horas e o sábado a partir das 19:00 horas.
O venres actuarán Engraved, Desubicados, Doctor Snob e Chasis. O sábado farano Máxica, Candy´s Freckless e Undercover. Pechará o festival a partir das 22:30 horas The Soul Jacket, o grupo invitado nesta edición.
O Concello de Oleiros colabora na organización deste festival coa asociación Musicoleiros, formada por grupos locais que pretenden dinamizar e achegar os veciños e veciñas á súa actividade musical. A entrada a todos os concertos é gratuíta.