Oleiros, 7 de decembro de 2017-. Debido a unha rotura da rede principal de abastecemento de auga da Coruña durante o día de hoxe poderían darse episodios de turbidez nalgún lugares de Oleiros, xa que unha parte da auga entra no municipio por esa rede. As zonas afectadas serán Santa Cristina, Perillo, Bastiagueiro, Santa Cruz, Icaria, O Paraíso, O Seixo e O Graxal.
Emalcsa informou que tardará varias horas en arranxar a avaría. Mañá venres quedará normalizada a situación.