Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha persoa morta nun incendio de madrugada, en Perillo

Unha muller de mediana idade resultou morta esta madrugada no incendio do seu piso, nun edificio plurifamiliar en Beiramar, Perillo, sobre as 3,30h. 

Emerxencias de Oleiros acudiu á chamada do 112, como tamén o fixeron os bombeiros comarcais con sede en Arteixo. A Policía Local de Oleiros, primeiro corpo en chegar ao lugar do incendio, de dimensión considerable, desaloxou o edificio para minimizar os danos.

Durante o desaloxo, indicouse a dúas persoas que ocupaban unha vivenda que permanecesen nela, porque non se daban as condicións para sair. Máis tarde xa foi posible e todo se foi normalizando.

As persoas puideron volver a ocupar as súas vivendas unha vez que os operativos realizaron as comprobacións oportunas.

O domicilio afectado polo lume quedou inservible. O protocolo xudicial púxose en marcha para estudiar as cuestións que determinaron o suceso.

back link