Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha orquestra tocará na praia de Bastiagueiro a noite de San Xoán

 Oleiros, 13 de xuño de 2022-. Para amenizar a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro, o Concello contratará unha orquestra que tocará desde a explanada do acceso á praia da rúa de Bastiagueiro. Ademais, como xa se anunciara, porase leña a disposición da veciñanza gratuitamente para evitar a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias. 

 
A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.
back link