Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha obra de instalación de gas obriga a cortar a rúa Salvador de Madariaga a partir do próximo

Oleiros, 10 de xaneiro de 2014-.O Concello de Oleiros informa de que a rúa Salvador de Madariaga permanecerá pechada ao tráfico desde o próximo luns día 13 por motivo dunha obra de canalización de servizos na que se dotará a zona dunha nova rede de gas e renovarase a rede de abastecemento de auga.

Esta rúa de Montrove, no tramo comprendido entre o cruce da avenida Rosalía de Castro e a intersección coa rúa Carreira da Cova, permanecerá pechada ao tráfico durante as 24 horas por un prazo aproximado de dúas semanas. Debido ao ancho desta vía e o espazo que ocupan as canalizaciones existentes é imposible realizar os traballos sen impedir o tránsito de vehículos. Este corte non influirá de forma drástica no tráfico xa que se habilita unha ruta alternativa a través da mencionada rúa Carreira da Cova e a rúa Constitución.
 

back link