Oleiros, 15 de xuño de 2016-. O vindeiro venres día 17 de xuño ás 20:30 horas no castelo de Santa Cruz, terá lugar a inauguración da exposición de fotografía do obradoiro de Ocioleiros que dirixe Gabriel Tizón. Esta poderá visitarse ata o 28 de xuño na sala de exposicións do castelo.
Na mostra veranse os traballos realizados polos alumnos e alumnas deste obradoiro, que se vén desenvolvendo desde o mes de febreiro no Centro de Formación. O curso foi dirixido por Gabriel Tizón, fotógrafo con ampla experiencia en amosar as inxustizas do mundo actual. As persoas que se acheguen ata o castelo poderán ollar a calidade dos traballos realizados e coñecerán as posibilidades que presenta a fotografía a nivel técnico e social.