Oleiros, 12 de abril de 2013-. O Concello de Oleiros informa de que o próximo domingo día 14, entre as 9.30 e as 15.00 horas, unha marcha ciclista percorrerá a zona norte do municipio transitando polas parroquias de Maianca, Serantes e Lorbé. A proba deportiva levarase a cabo sen realizar ningún corte de tráfico, polo que se recomenda aos condutores que vaian a transitar polas estradas que unen estas localidades que extremen as medidas de seguridade. Os ciclistas circularán en parella e en ningún caso o farán en grupo, pero é necesario conducir coa certeza da súa presenza na estrada.