Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha guía de viaxes en liña promociona Oleiros en internet

Oleiros, 22 de xuño de 2016-.  Ebooking.com e o Concello de Oleiros colaboraron na creación dunha guía turística do municipio, que xa se atopa dispoñible en internet no seguinte enderezo: http://www.ebooking.com/es/noticias/destinos/espana/galicia/la-coruna/oleiros.

Na guía preséntanse os principais atractivos de Oleiros, permitindo aos miles de usuarios e usuarias que visitan diariamente a web ebooking.com coñecer os encantos do concello, dando con iso un forte impulso turístico ao municipio. Á guía iranse engadindo novos contidos aos xa existentes, como eventos e noticias que poidan interesar aos internautas e que poidan supoñer novos visitantes.
 

back link