Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha excursión visitará a exposición Galicia Cen Obxectos

Oleiros, 11 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza para o luns 21 de novembro unha visita guiada á exposición Galicia Cen Obxectos para contar unha cultura. O prazo de inscrición abre o vindeiro luns 14 de novembro e ofertaranse un total de 25 prazas dirixidas a persoas empadroadas no municipio.

A mostra realiza un percorrido pola cultura galega desde a prehistoria aos anos noventa, a través de 100 obxectos que desentrañan a nosa identidade. As pezas están agrupadas por grandes e pequenos temas, buscando o diálogo entre elas a través dos séculos e animando o visitante a interpretalas en contextos ás veces inesperados. Este é un dos moitos sentidos posibles que nos ofrecen estes obxectos que contan tantas historias. No medio das conversas entre eles e o visitante, atópase a longa e rica herdanza cultural de Galicia.

Para obter máis información e formular as inscricións, as persoas interesadas deben dirixirse ao Departamento de Cultura (centro cultural A Fábrica). Tamén poden chamar ao 981 636 598 ou contactar a través de r.caparros@oleiros.org.

 

back link