Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha excursión percorrerá a Costa da Morte o sábado 22 de outubro

Oleiros, 30 de setembro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 22 de outubro unha excursión que inclúe unha ruta a pé entre Ponteceso e Corme e a visita ao MELGA, Museo Etnolúdico de Galicia. As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse a partir do luns.

A ruta a pé entre Ponteceso e Corme percorrerá interesantes lugares do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte, como a enseada da Insua, a Pedra da Serpe e a Punta de Roncudo. Unha vez realizada esta camiñada, visitarase o museo MELGA, ubicado en Ponteceso, que amosa a evolución histórica e cronolóxica dos xogos e dos deportes, desde a prehistoria ata a actualidade.

Ofértanse un total de 30 prazas dirixidas a un público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de que tamén participen menores, sempre e cando asistan acompañados dun adulto. O prezo é de 16 euros para persoas empadroadas no municipio e de 20 euros para as non empadroadas.

Para apuntarse ou obter máis información, os interesados deben achegarse ao Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica, dirixirse ao teléfono 981 610 000 ou ao enderezo electrónico cultura@oleiros.org.

 

back link