Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha ex-concelleira do PP da Coruña infractora das normas de lixo na rúa Gutiérrez Mellado

Unha ex-concelleira do PP da Coruña, que trasladou a súa residencia a Santa Cruz, é a responsable do depósito das grandes cantidades de cartón e outros residuos fóra dos contedores da rúa Gutiérrez Mellado. Este tipo de comportamentos incívicos degradan fortemente a óptima convivencia existente en Oleiros.

A ex concelleira do Partido Popular foi identificada a través dos datos e etiquetas que tiñan as caixas e terá que afrontar unha sanción económica de entre 501 e 1.500 euros. Ademais de tirar unha desmedida cantidade de cartón fóra dos contedores, esta persoa tamén arroxou á vía pública plásticos de embalaxes, poliestireno, medicamentos, roupa, calzado,...

Ninguén ten dereito a degradar desta maneira os espazos públicos de Oleiros.

back link