Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha empresa auxiliar de Unión Fenosa Distribución intenta afianzar un poste de media tensión r

Oleiros, 9 de abril de 2014-.  Tras as denuncias veciñais dos pasados días en relación a un poste de media tensión e os restos doutro de baixa tensión que se encontran en total estado ruinoso no medio da calzada na rúa Carreira, na parroquia de Serantes, ás 9.00 da mañá de hoxe operarios dunha empresa auxiliar de Unión Fenosa Distribución intentaron afianzar o dito poste de media tensión, facendo un encofrado ao redor deste, enchéndoo con formigón en vez de retiralo e facer a canalización pertinente ata o transformador instando a escasos metros deste punto. Varios veciños da zona alertaron ao Concello, quen paralizou de inmediato os traballos e requiriu novamente á compañía para que elimine o poste debido á perigosidade que entraña para o tráfico de vehículos, para os viandantes e para as vivendas limítrofes por un posible derrube sobre estes inmobles.

Postes na Rúa Valle Inclán
Esta mesma política de consolidación de postes ruinosos da que Unión Fenosa Distribución deu mostra hoxe se está a levar a cabo na rúa Valle Inclán, concretamente fronte á Escola Municipal de Danza. Esta empresa, tras varios requirimentos, continúa sen tratar a canalización da rede de subministración neste punto a pesar da obrigación por lei, dos requirimentos da Consellería de Industria e do Concello.
 

back link