Hemeroteca

Asset Publisher

Back Unha empresa auxiliar de Fenosa dana tres palmeiras ornamentais na avenida Isaac Díaz Pardo

Oleiros, 2 de xullo de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciou esta mañá que unha empresa auxiliar de Fenosa cometeu un atentado ambiental a pasada semana ao mutilar tres palmeiras ornamentais de máis de 30 anos de idade situadas na avenida Isaac Díaz Pardo. O corte indiscriminado de ramas carrexará a morte destes exemplares a medio prazo, segundo puntan os técnicos.
 
O alcalde explicou que as empresas auxiliares da subministradora enerxética levan a cabo este tipo de prácticas de forma habitual co obxectivo e liberar o tendido eléctrico e evitar posibles avarías ou interrupcións do tendido, pero a obrigación de Fenosa é soterrar este tipo de redes nos núcleos urbanos como está establecido pola normativa autonómica. García Seoane destacou que non só non cumpren esta obrigación se non que actúan con total impunidade sobre zonas nas que non teñen dereito para facelo, como é o caso do sucedido na avenida Isaac Díaz Pardo.
 
O Concello de Oleiros procederá a valorar os danos causados pola perda destas palmeiras, que ao tratarse de exemplares ornamentais e contar con tres decenios de vida, serán cuantiosos. A empresa responsable deberá facer fronte a esta perda ademais da sanción administrativa correspondente, segundo comunicou o propio rexedor.
 

back link