Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un veciño ataca unha árbore centenaria do Carballo

Oleiros, 21 de xuño de 2016-.  Lamentablemente o Concello de Oleiros terá que denunciar un novo atentado contra o patrimonio natural de todos os veciños e veciñas coa instalación da árbore de ferro no Carballo. Un plátano centenario, que cando foi plantado tiña a finalidade de adornar a liña de tranvía, foi atacado por un veciño que lle fixo cinco buratos de grandes dimensións para secalo.

O Goberno local tomará medidas e ademais da instalación da árbore de ferro sancionará o criminal que atentou contra o plátano. “O que non queira un Oleiros verde que marche. Pero temos claro que este tipo de delincuentes non teñen cabida no noso municipio”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Coa estrutura de ferro, o Concello denuncia a proximidade dos infractores ecolóxicos que atentan contra as árbores de todos e todas. Dáse a “casualidade” que os veciños e veciñas incívicos actúan case sempre diante dalgún edificio ou vivenda.
 

back link