Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un total de seis sesións do programa «A hora do conto» nas bibliotecas municipais para a próxim

 

As actuacións dirixidas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos

Oleiros, 5 de novembro de 2010-. As bibliotecas municipais de Oleiros organizan a actividade da Hora do conto, coa que se pretende introducir os nenos e as nenas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. A próxima semana desenvolveranse unha serie de actuacións dirixidas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Terán lugar en todas as bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade. Todos os actos serán ás 18.30 horas. As sesións da próxima semana desenvolveranse nas seguintes bibliotecas municipais:

  1. Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
    Luns 8 de novembro
    CONTACONTOS: Ramiro Neira
    TÍTULOS: Lin Piao e Lu Sin, O castelo

  2. Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca. Montrove
    Martes 9 de novembro
    CONTACONTOS: Caxoto
    TÍTULOS: Contos do magosto

  3. Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
    Mércores 10 de novembro
    CONTACONTOS: Soledad Felloza
    TÍTULOS: Madre Chillona, Fin Herman, Malena Ballena

  4. Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
    Mércores 10 de novembro
    CONTACONTOS: Caxoto
    TÍTULOS: Contos de castañas e cogumelos

  5. Biblioteca Central Rialeda. Perillo
    Xoves 11 de novembro
    Para nenos e nenas menores de 6 anos:
    CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke
    TÍTULOS: A AMIZADE: Ter amigos é divertido, Pastel para inimigos

    Para nenos e nenas menores de 6 anos:
    CONTACONTOS: Fran Ínsua
    TÍTULOS: Xosefina ao asexo, O circo estraño, A merenda do Señor Verde

Os obxectivos que se intentan conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

back link