Oleiros, 30 de xaneiro de 2018-. Debido ao roubo de varias pezas de aluminio necesarias para a obra de construción do gran colector que se está a facer entre a rotonda de Che Guevara e a ponte da Pasaxe, os traballos permanecerán parcialmente parados durante tres días. A empresa que está a realizar esta importante actuación non recibirá os elementos que substituirán aos roubados ata o venres.
Inicialmente estaba previsto que este semana fora retirado o semáforo que regula a circulación na avenida Ernestro Che Guevara, á altura das obras. Mais debido ao roubo desta pasada noite o semáforo terá que manterse ata finais da vindeira semana.