Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un radar controlará a velocidade dos vehículos na curva de Biona, na N-VI

Oleiros, 15 de marzo de 2016-. Nos próximos días a Dirección Xeral de Tráfico porá en funcionamento un radar na coñecida como curva de Biona, na N-VI, ao seu paso pola localidade de Nós. Desta maneira, os vehículos terán que respectar a velocidade establecida para ese tramo da estrada se non queren ser multados.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, lamentou que a xente non respecte as normas de circulación nin as velocidades pero “nese punto da estrada non había máis que accidentes, causando un serio perigo tanto aos coches como ás casas dos veciños”. García Seoane subliñou que o máis importante é a seguridade das persoas.
 

back link