O Concello vai a levar a cabo unha serie de actividades culturais e sociais coas festexar o nadal, desde pista de xeo ata atraccións de nadal, pasando por obradoiro temáticos, concertos de nadal, xogos, cabalgata de Reis... Tamén contribuirán a ese ambiente festivo as distintas entidades veciñais que realizan actividades e iluminacións de distintos espazos e elementos públicos.
O nadal arrancará en Oleiros o día 28 de novembro coa apertura da pista de xeo sita na Pista Polideportiva da II República en Perillo. A primeira semana do mes de decembro instalaranse na Praza Esther Pita, en Santa Cruz, atraccións de nadal a prezos populares para todas as crianzas. Ademais destes xogos, a Praza Esther Pita acollerá múltiples obradoiros de artes plásticas relacionados con esta época do ano, animación infantil e diversas actuacións musicais durante todo o mes de decembro.