Oleiros, 11 de novembro de 2016-. O pasado luns un individuo cortou tres árbores situadas na beirarrúa da rúa Xustiza, o que supón un grave ataque contra o patrimonio público de todos os veciños e veciñas do municipio. O responsable do ataque xa está identificado e será sancionado polo Concello de Oleiros.
O alcalde, Ángel García Seoane, expresou novamente o seu profundo rexeitamento a este tipo de comportamentos. “As rúas son dos cidadáns e ninguén ten dereito a cortar as árbores que se atopan na vía pública. Non imos permitir que ninguén actúe desta maneira”, dixo.