Un conxunto de preguntas que poden responderse nuns poucos minutos para valorar o conxunto dos servizos públicos que presta o Concello a través de servizos, programas ou instalacións, sobre o que cada persoa pode indicar se os coñece. De ser así pode valoralos do 1 ao 10 e deixar o comentario que desexe.
A xestión do Concello pode tamén valorarse globalmente do 1 ao 10 e por áreas municipais relacionadas cos servizos públicos universais e o espazo público. Pode cualificarse a atención recibida polo persoal do Concello.
As persoas poden poñer nota á representación política, tanto á do goberno como aos grupos da oposición. A enquisa tamén pregunta sobre asuntos de actualidade e reserva un espazo para opinar libremente sobre calquera cuestión.
A enquisa é anónima. Tan só se solicita a idade da persoa e a parroquia de residencia.