Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un cento de nenos e nenas de Oleiros gozan co obradoiro de máscaras das bibliotecas municipais

Oleiros, 11 de febreiro de 2016-. O Concello de Oleiros está a desenvolver nestes días de Entroido uns obradoiros de creación de máscaras doutras culturas en todas as bibliotecas municipais. A Biblioteca Rialeda de Perillo e a Ánxel Fole de Nós acollen hoxe e mañá as dúas últimas sesións deste programa.

Ata o momento, xa pasaron polas distintas bibliotecas un total de cen nenos e nenas que experimentaron con goma eva, purpurina, plumas e diferentes adornos. As máscaras que máis triunfaron foron a africana, veneciana e a mexicana.

Esta actividade está dirixida a maiores de cinco anos. Para participar nas dúas últimas sesións é imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. O horario, en ambos casos, é ás 18:00 horas.

Ademais, en todas as bibliotecas tamén hai exposicións de libros relacionados co Entroido: de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, de maquillaxe, de caretas, de actividades manuais, de festas tradicionais, de cociña, etc.
 

back link