Hemeroteca

Asset Publisher

Back Tucho Calvo achegará mañá a obra de Valentín Paz aos oleirenses

Oleiros, 3 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Rede Municipal de Bibliotecas, organiza para mañá venres 4 de maio unha serie de interesantes actos culturais entre os que se atopan unha conferencia do xornalista Tucho Calvo sobre o escritor Velentín Paz, unha charla de divulgación científica sobre química e unha divertida sesión de contacontos coa obra de Ánxel Fole como protagonista. Ademais, nas bibliotecas de Mera celebrarase unha sesión de contos cantados e na de Nós outra de maxia.

A conferencia sobre Valentín Paz do xornalista Tucho Calvo terá lugar no teatro As Torres de Santa Cruz ás 12:30 horas. No simposio, Calvo explicará porque este escritor foi un home clave na historia do século XX de Galicia e falará sobre a súa importancia no mundo empresarial galego, na política, especialmente durante a Transición, e na cultura galega de forma xeral. Esta conferencia está dirixida especialmente ao alumnado de primeiro de Bacharelato do IES Miraflores, pero tamén poden asistir todas as persoas que o desexen. Antes desta conferencia, ás 10:30 horas, celebrarase a actividade denominada Contos de candil, levada a cabo por Ramiro Neira e que consiste nunha sesión de contacontos baseada en varias obras de Ánxel Fole e dirixida ao alumnado de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane.
 
Xa pola tarde, a partir das 18.30 horas na Biblioteca Central Rialeda e dentro do ciclo de conferencias de divulgación científica Ler para saber, levarase a cabo a charla baixo o título Socorro! A Química rodéame!”. A conferencia será impartida polo profesor titular da Universidade da Coruña e o vicedecano de Química, Moisés Canal López. Á mesma hora, nas bibliotecas de Mera e Nós comezarán respectivamente as actividades Canta Contos e Maxia versus Ciencia.
 

back link