Tras o éxito dos cursos de formación para o emprego do pasado ano, este novo curso 2025/2026 preséntanse 3 novos cursos que se impartirán no CMF Isaac Díaz Pardo en Os Regos:
- Cociña (888 horas): iniciándose o 18/11/25 e rematando 05/08/2026.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais (528 horas): iniciándose o 07/11/25 e rematando 23/04/2026.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais (528 horas): iniciándose o 03/12/25 e rematando 20/05/26.
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (408 horas): iniciándose o 12/01/26 e rematando 08/05/26.
Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia e solicitar o curso na páxina web da Consellería.
Estes cursos teñen gran inserción no mercado laboral. No caso do curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais", dáse a posibilidade de traballar tanto en residencias coma nas empresas de axuda no fogar que prestan os servicios para os concellos. No curso que se impartiu anteriormente todo o alumnado que rematou está traballando, tanto en residencias como en axuda no fogar. O mesmo pasa cos cursos de "Cociña" e "Actividades auxiliares en viveiros" nos que a inserción tamén foi moi alta.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto co CMF “Isaac Díaz Pardo” sito no nº 24 da rúa dos Regos, tfno. 981 610319-981 631706, onde se lle facilitará toda a información necesaria para facer a inscrición no cursos e participar nos mesmos.