Oleiros, 22 de novembro de 2021-. O salón principal da Casa Charry acolle este venres día 26 de novembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Como rocas en medio del mar do oleirense Ton G. Candame. Ademais do propio autor, na presentación participará o alcalde, Ángel García Seoane; o xornalista Francisco Gutiérrez; o pintor Víctor Lens e a artista Carmen López-Coronado.
Como rocas en el medio del mar é unha obra editada pola Editorial Club Universitario. Inclúe relatos curtos de autoaxuda, prosa poética e reflexións sobre distintos temas como o amor, a natureza, o medo e o perfeccionismo.
Ton G. Candame pretende indagar na profundidade do ser humano e crear un relato íntimo e profundo, tratando temas universais. Non é unha obra superflua, o autor mergúllase no máis profundo da humanidade, do ser humano, para debullar os secretos do amor, a felicidade, o paso do tempo e outros secretos.