Hemeroteca

Asset Publisher

Back Todas as corais do municipio participan o domingo no tradicional concerto de nadal

Oleiros, 16 de decembro de 2015-. O domingo ás 19:30 horas celébrase o concerto de nadal de corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta.

Nesta tradicional xuntanza participan todas as corais do concello, co fin de intercambiar impresións e desexarse un feliz ano novo. Con este concerto, o Concello de Oleiros pretende fortalecer a relación entre os diferentes coralistas que participan en numerosos eventos musicais durante todo o ano.
 

back link