Oleiros, 25 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza para este Entroido uns obradoiros de creación de máscaras doutras culturas que terán lugar en todas as bibliotecas municipais. As nenas e os nenos participantes elaborarán máscaras nun lúdico e divertido obradoiro de creacións artísticas e manuais.
A actividade está dirixida a nenas e nenos a partir de 5 anos de idade. Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes. É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. O prazo de inscrición abrirá dez días antes da data de celebración do obradoiro, que sempre terá lugar ás 18:00 horas.
As datas son as seguintes:
1 de febreiro: Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda. Tel.: 981 626 638
2 de febreiro: Biblioteca Manuel María. Oleiros. Tel.: 981 610 700
3 de febreiro: Biblioteca Rosalía De Castro. Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
4 de febreiro: Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé. Tel.: 981 618 201
5 de febreiro: Biblioteca Mª José Trincado. Mera. Tel.: 981 628 507
11 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda. Tel.: 981 639 511
12 de febreiro: Biblioteca Ánxel Fole. Nós. Tel.: 981 664 257
Ademais, en todas as bibliotecas tamén se realizarán exposicións de libros relacionados co Entroido; de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, de maquillaxe, de caretas, de actividades manuais, de festas tradicionais, de cociña, etc.