Hemeroteca

Asset Publisher

Back Teatro en Mera o sábado 24: “Xoguetes rotos”

Imagen Teatro en Mera o sábado 24: “Xoguetes rotos”

O auditorio Gabriel García Márquez acolle este sábado 24 de outubro ás 20:30 horas a obra teatral “Xoguetes rotos” da compañía Barrosanta en coprodución  con Butacazero.

Mario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro, mais a aldea non parece un lugar apropiado para el. Non lle gusta vendimar, nin mocear. E menos aínda pensa seguir os ditados do pai, que van en contra da súa natureza interior. Mario marcha e instalarase no Vigo industrial dos 70, buscando un lugar para ser el mesmo, pero os aforros pouco duran e será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade ata que aparece unha fada madriña: Dorín.


O espectáculo está dirixido público maior de 12 anos e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada está dispoñible a partir do domingo 18 de outubro ás 12.00 horas a través de www.giglon.com, e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.