Hemeroteca

Asset Publisher

Back Talía Teatro representa a obra Foucellas o sábado no Gabriel García Márquez

Oleiros, 31 de marzo de 2016-. Talía Teatro presenta o sábado ás 20:30 h no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Foucellas, unha obra creada e dirixida por Cándido Pazó. As entradas poñeranse á venda a un prezo de 3,50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. 

A obra recrea a historia de Foucellas cando se atopa no monte cos dous últimos homes da súa partida. Está enfermo, febril. No plano da alucinación  producida polo seu estado, o protagonista dialoga co seu futuro e co seu pasado. Nos momentos de lucidez e serenidade, discute cos seus homes sobre o sentido práctico e moral da súa loita, as súas razóns, a convivencia e posibilidades de reconducila ou aceptar a derrota... para levar a cabo unha nova acción. Os actores que lle dan vida a este drama, de 80 minutos de duración, son Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo.
 

back link