Como todas as semanas, a tarde iniciará ás 19:00 h cunha demostración de olería ao vivo do artesán Alberto Añón, que converterá a contorna nun obradoiro artístico ao aire libre, ofrecendo unha experiencia participativa e didáctica tamén para os cativos.
Solrain, cuarteto con raíces en bandas coma Costas, Pölisong ou Eco, lanzou en 2021 o seu disco debut Haz que no pare, no que plasman influencias de clásicos coma Obús, Barón Rojo ou Topo, e desde entón levan o seu potente directo por numerosos escenarios de carácter local. A súa proposta en vivo destaca polos ritmos contundentes e un espírito rockeiro que promete contaxiarse no concerto desta semana nas Torres.
En As Tardes do Alfar, Solrain traerá consigo un repertorio variado con fragmentos de temas como Y a vueltas -que contou coa colaboración de Miguel Costas no seu videoclip- e o seu máis recente single Inconscientes, estreado en xaneiro deste ano.