Hemeroteca

Asset Publisher

Back Santa Cruz e Unión Campestre enfrontaranse na gran final do LV Trofeo Concello de Oleiros

O Santa Cruz C.F. e o Unión Campestre serán os protagonistas da gran final do LV Trofeo Concello de Oleiros de fútbol, despois de superar as súas respectivas semifinais.

O Santa Cruz impúxose por 2-1 ao Marino de Mera, mentres que o Unión Campestre venceu por 4-2 ao Atlético de San Pedro. Ambos equipos enfrontaranse este sábado 29 de agosto ás 19:15 horas no Campo Municipal Nano García de Iñás para decidir o campión deste ano. 

En canto ao torneo feminino, que celebra este ano a súa quinta edición, hoxe disputarase o último encontro correspondente á quinta xornada, entre o Atlético de San Pedro e o Obrero, ás 20 h no Campo Municipal Nano García. Unha vez finalizada a fase de grupos, coñeceranse os dous equipos clasificados para a gran final, que terá lugar tamén este sábado 29 de agosto no Campo Municipal Nano García de Iñás, ás 17h.
 

back link