Hemeroteca

Asset Publisher

Back Santa Cruz alberga un punto de información sobre o Alzehimer

Oleiros, 21 de setembro de 2011-. O Concello de Oleiros, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), instalou esta mañá un punto de información sobre esta enfermidade no centro de Santa Cruz. A mesa informativa conta con voluntarios de AFACO que facilitarán información sobre o Alzheimer a aqueles veciños e veciñas que o desexen. Esta iniciativa ten por obxectivo conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que conmemora hoxe, o 21 de setembro.

A actividade que se leva a cabo hoxe no centro urbano de Santa Cruz non é a única que o Concello de Oleiros, a través da Concellaría de Benestar Social, desenvolve con AFACO, xa que o Concello de Oleiros colabora coa asociación no seu curso de coidadores de persoas dependentes, onde se presta apoio e asesoramento a familiares de enfermos con capacidades limitadas.

A enfermidade de Alzheimer, tamén denominada mal de Alzheimer, ou demencia senil de tipo Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioración cognitiva e trastornos condutuais. Caracterízase na súa forma típica por unha perda progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade acostuma ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que isto pode variar en proporción directa coa severidade da enfermidade ao momento do diagnóstico.

back link