Hemeroteca

Asset Publisher

Back Sancionado con 600 euros por condución temeraria nunha rotonda

Oleiros, 1 de agosto de 2018-. O pasado luns o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, sorprendeu in fraganti a un condutor que estaba a realizar trompos nunha rotonda de Oleiros. O coche deu varias voltas á glorieta realizando derrapaxes sen preocuparse polos demais vehículos que circulaban nese momento pola estrada, entre eles o coche municipal no que viaxaba o propio alcalde.

Ante a gravidade dos feitos e o risco para a seguridade das persoas, o alcalde denunciou os feitos ante a Policía Local que tramitou a correspondente denuncia. O infractor, veciño de Sada, foi sancionado con 600 euros.
 

back link