As persoas que solicitaron o uso desta propiedade municipal terán que afrontar os gastos derivados dos importantes estragos causados en portas, fiestras, etc... así como afrontar unha sanción económica por non cumprir coas normas estipuladas.
“Algunhas persoas dicíanme que non se prestase máis a casa, pero non estamos de acordo con iso. O Concello vai seguir prestando a casa porque unha inmensa maioría de veciños e veciñas son responsables e respectan as normas”, comentou o alcalde.
O Concello ten unha ampla rede de casas de préstamo por todo o municipio. Un importante patrimonio público para o uso e gozo de todas e todos os e as oleirenses. Coidar, defender e preservar estes espazos é unha responsabilidade colectiva.