Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ruta polas penas de Rodas e miradoiro da Terra Cha o 28 de febreiro

O vindeiro sábado 28 de febreiro terá lugar unha nova ruta do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza: Ruta  polas Penas de Rodas e miradoiro da Terra Cha.

O vindeiro sábado 28 de febreiro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros. 

A ruta transcorre por camiños amplos e transitables en bicicleta, pasa por diferentes zonas con pastos, algunha pequena aldea con construcións tradicionais de pedra, a área recreativa de Penas de Rodas cunhas formidables formacións xeolóxicas que lle dan nome e o miradoiro de Paraños con impresionantes vistas panorámicas sobre a contorna e que actualmente ademais se utiliza como miradoiro astronómico. Entre outras poderase gozar de puntos de interese como Penas de Rodas, miradoiro dos Paraños, carballeira da Feira, arquitectura tradicional de A Feira, igrexa de Santiago de Francos ou da Reserva da Biosfera Terras do Miño para rematar cunha visita cultural ao Museo Provincial de Lugo, á Muralla de Lugo e un paseo polo adarve.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 16 de febreiro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 16 de febreiro ás 10.00 horas e o mércores 18 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. 

INSCRICIÓN

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

back link