Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ruta literaria pola Costa de Mera con Silvia Salgado

 Oleiros, 13 de abril de 2022-. O venres 22 de abril, ás 10:30 horas, realizarase unha ruta literaria pola Costa de Mera dirixida pola escritora Silvia Salgado. As prazas poden reservarse na biblioteca Rialeda ou chamando ao 981639511.

 
A andaina comezará na Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera. Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera. Durante o traxecto falarase de literatura e fotografía.
 
Silvia Salgado é veciña de Oleiros e licenciouse en Ciencias Políticas pola UAB. Completou a súa formación cun posgrado en Xornalismo Acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Publicou diversas obras como Si te vuelves invierno ou La aldea.
back link