Hemeroteca

Asset Publisher

Back Rouban varios peches das vivendas do paseo da ría da Pasaxe

Oleiros, 29 de agosto de 2016-. Nestes días detectáronse varios roubos dos peches de varias vivendas no paseo da ría da Pasaxe. Os forxados, que lles puxera no seu día o Concello de Oleiros aos veciños, teñen un elevado valor económico e están a ser serrados para posteriormente extraelos.

Para evitar este tipo de actos delictivos o Concello solicita a colaboración dos veciños para notificarllo á Policía Local e que esta poida interceptar aos ladróns. Os sucesos ocorreron nas vivendas que lindan co paseo da ría da Pasaxe, entre a ponte e Agramar.
 

back link