Oleiros, 8 de abril de 2022-. Durante dúas noites desta semana producíronse roubos de cable dos farois públicos do polígono de Iñás. A iluminación foi renovada recentemente con tecnoloxía led, para reducir o consumo.
O Concello de Oleiros pide a colaboración da veciñanza para atopar os ladróns e evitar novos roubos. O teléfono da Policía Local é o 981 610 001.