Hemeroteca

Asset Publisher

Back Rosa Cedrón actúa o sábado na Fábrica

Oleiros, 20 de febreiro de 2018-. Rosa Cedrón ofrece este sábado ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

Rosa Cedrón presentará o sábado en Oleiros o álbum Nada que perder, un traballo no que a cantante toma a dirección dunha evolución natural, sen medo a dar renda solta á creatividade, experimentando para as súas melodías con novas sonoridades e texturas que poñen en relevo a súa proposta máis arriscada e persoal. As emocións humanas básicas -o amor no seu máis amplo espectro, o medo, a tristura, a paixón- son a temática recorrente de Nada que perder, un disco que naceu das sombras para sumirse nun profundo proceso de investigación e experimentación e acabar converténdose nunha catarse persoal cuxo resultado desembocou nun espectro musical indefinible.

No concerto do sábado, Rosa Cedrón cantará en formato dúo, acompañada no piano por Miguel Arthus, autor dalgunhas letras do álbum, imprimindo poesía en cada unha das súas participacións e ornamentando o universo vocal de Rosa.

 

back link