Hemeroteca

Asset Publisher

Back Rockanroleiros consolídase no seu noveno aniversario como unha das grandes citas culturais

A praza Esther Pita de Santa Cruz acolleu durante esta fin de semana a novena edición de Rockanroleiros, un festival organizado polo Concello de Oleiros en colaboración coa Asociación Musicoleiros. Centos de persoas participaron no evento celebrado durante o sábado e o domingo.

Ademais das actuacións de bandas históricas como Los Rebeldes, Rockanroleiros tamén é un importante espazo de promoción do talento musical local da man de distintos grupos formados no municipio que teñen cabida neste festival. Unha proposta cultural importante dentro do diverso abano de actividades culturais do Concello de Oleiros.

back link