As rúas Sauces e Álamos serán reurbanizadas nos próximos meses. As actuacións que desenvolverán teñen que ver coa humanización da zona na que se sitúa a vía e consisten no asfaltado da mesma, dotación de beirarrúas nos tramos que non existen na actualidade, melloras nas canalizacións de pluviais e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública das devanditas rúas.
As obras comezarán este verán e teñen un prazo de execución de 4 meses.
O Concello de Oleiros investirá nesta actuación un total de 224.709,80 euros