Hemeroteca

Asset Publisher

Back Reunión de alcaldes e alcaldesas con Emalcsa para abordar os problemas na rede de distribución de auga

O próximo luns 16 os alcaldes de Oleiros, Cambre, Bergondo e Sada reuniranse co xerente de Emalcsa, a Empresa Municipal de Augas da Coruña, para abordar os problemas existentes na rede de distribución de auga nos diferentes municipios e concretar un convenio para a realización e financiación das infraestruturas precisas, pendentes no abastecemento de auga.

O vindeiro luns 16 de xuño manterase unha reunión de especial relevancia para o futuro no que atinxe ao abastecemento de auga en varios municipios da comarca como Bergondo, Cambre, Oleiros ou Sada. Representantes de Emalcsa e os primeiros edís dos municipios sinalados reuniranse para formar unha entente que permita acordar os detalles e as obras que se deben realizar para garantir o correcto abastecemento de auga, atallar conxuntamente os diferentes déficits e problemas que se xeran no servizo .

Entre as obras máis importantes sinálanse a construción de colectores xerais e un depósito en Sarro, ademais de  diversas actuacións en tubaxes xerais. 

A respecto da financiación, no acordo deberá ficar reflectido a aportación que debe achegar cada concello, Emalcsa e mesmo a Xunta de Galicia para sufragar o custe das obras. Por outra banda, esbózase tamén a posibilidade de solicitar fondos europeos para as melloras das redes de abastecemento de auga locais. Neste caso deberán ser os concellos quen tramiten as solicitudes á UE.

O alcalde de Oleiros, García Seoane, incidiu en que as consecuencias dun abastecemento ineficiente repercute especialmente no planeamento do municipio de Cambre que non pode saír adiante se non se garante a correcta subministración de auga, xa que é unha esixencia da Xunta.

back link