Sofía Espiñeira canta e compón desde a raíz. Artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar galega, as súas composicións combinan o latexo das músicas do mundo xunto coa canción de autora máis íntima e espida.
Tras o camiño feito nos escenarios co seu disco debut “Alá onde agroman as herbas”, colaboracións con diversas artistas e galardóns coma o Premio Martín Códax da Música 2022 na categoría de canción de autora, Sofía Espiñeira inicia a súa segunda viaxe musical: “Xeografías”. Un traballo que verá a luz neste 2025.
Integrantes: Ailén Kendelman (percusións e coros)
Judit Almeida (contrabaixo e coros)
Sofía Espiñeira (guitarra e voz principal)