Hemeroteca

Asset Publisher

Back Remata a Liga local de judo con preto de 400 participantes

Oleiros, 18 de marzo de 2014-.  O Concello de Oleiros organiza o vindeiro sábado a última xornada da Liga municipal de judo 2014, onde participan ao redor de 400 judokas da toda a comarca. Ao remate desta última xornada de combates realízase unha entrega de trofeos con entrega de medallas de ouro, prata e bronce para os primeiros clasificados e unha medalla de participación para o resto de asistentes. Nesta cerimonia estarán presentes representantes do Goberno local.

A participación de Oleiros está representada polo Judo Club Oleiros. Este histórico club do municipio canaliza o forte seguimento que este deporte ten en Oleiros. Así mesmo colabora co Concello no desenvolvemento das actividades relacionadas con esta disciplina. O Judo Club Oleiros desenvolve actividade nestes momentos nas casas do pobo de Dorneda, San Pedro, Perillo e Santa Cruz.
 

back link