Hemeroteca

Asset Publisher

Back Reinícianse as actividades de envellecemento activo tras o parón estival

Oleiros, 18 de setembro de 2012-. Un total de 340 persoas maiores do municipio regresan ao longo desta semana ás actividades de envellecemento activo organizadas polo Concello de Oleiros. Este programa ten por obxectivo mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas na medida que envellecen a través de accións que perseguen o desenvolvemento físico, social e psicolóxico das persoas participantes.
 
o programa, que se leva a cabo nas casas do pobo e centros cívicos das distintas parroquias, inclúe sesións encamiñadas á mellora por un lado da condición física, como as de ximnasia natación ou ioga e relaxación, e por outro á estimulación cognitiva, como os talleres de memoria. Estes obradoiros aproveitan os recursos de memoria existentes nas persoas maiores,  favorecendo o seu exercicio e o preserva co desenvolvemento de tarefas axeitadas.

O obxectivo principal deste conxunto de actividades de envellecemento activo é preservar a autonomía das persoas, ensinándolles a utilizar os recursos propios, realizando unha actividade que axude ao mantemento das áreas que son primordiais para  o seu bo funcionamento.
 

back link